Somos un centro de atención diúrna especializado no coidado, a estimulación e o desenvolvemento de actividades de terapia ocupacional que favorecen o benestar social das persoas maiores ou con discapacidade en situación de dependencia.
Preocúpanos promover non só actividades individuais, senón tamén grupais, para que as persoas usuarias poidan relacionarse entre si e mesmo chegar a establecer amizades.
Amizar vai ser un proxecto creado con moita ilusión nun espazo aberto, tranquilo, moi ben comunicado e ao carón de zonas verdes.
En Lalín, na Praza de Galicia, ao carón do Concello.
Pero aínda nos queda un pequeno camiño por diante, coas obras e reformas do noso local. Mentres, síguenos nas redes sociais para estar ao día das novidades!